Tordoia celebrou hoxe un pleno municipal no que se aprobou a proposta da alcaldía do Plan de Obras Provincial para o 2022. No POS inclúense catro plans de obras: amellora da capa de rodaxe en aglomerado en Brandoñas (Anxeriz) por 82.620,81 euros; a mellora da capa de rodaxe en aglomerado en Reboredo (Gorgullos) por 30.253,19 euros; a mellora da capa de rodaxe en aglomerado en Vilarterreo (Gorgullos) por 38.566,42 euros e o saneamento en Carballadrade-Formarigo (Cabaleiros), por 38642,28 euros.
Tamén se aprobou o Plan Complementario do POS. Neste inclúense proxectos como a mellora da capa de rodaxe en aglomerado na Nogueira (Bardaos) por 31.932,55 euros ou a mellora con capa de aglomerado do campo de fútbol de Cabaleiros por 38.264,47 euros. Do mesmo modo, inclúe a mellores dos accesos a Pintán (Gorgullos) en formigón por 33.471,15 euros e do firme en aglomerado dende o Pazo ata o Niño do Corvo (Anxeriz), e sobre ancho dende Salgueiroas ata a Costa (Cabaleiros), por 33.650,90 euros. Ademais, o Plan Complementario comprende a mellora do tramo da Igrexa de Bardaos ata a DP8401 e accesos en Pereiro Bello, (Tordoia) por 36027,00 euros e as mellores no firme da estrada que vai dende Portociños ata Arcai, (Gorgullos) por 47.697,78 euros e no acceso en Meixome e Casaldabade por 31.218,94 euros.
Na mesma sesión foi aprobado dotar 70.741,10 euros do POS Social a ampliación de persoal para a gardería, ampliar o servizo de axuda a domicilio e a adquisición dun vehículo para Asuntos Sociais. Tamén se decidiu a incorporación de 202.117,43 euros a gasto corrente.
Seguindo a orde do día, foi aprobado o plan de incendios municipal e tamén o desenrolo de solo urbanizable delimitado S-04 (ARS-04) do PXOM en Anxeriz por parte dos propietarios.
Mocións.
Neste apartado foron aprobadas dúas, unha do BNG para declarar Febreiro como mes de Rosalía e outra do Partido Popular para reclamar a Sogama compensación polo vertedoiro da Areosa, tal e como propuxo tamén no pleno anterior o portavoz do PSOE.
Rogos e preguntas.
Foron contestadas varias sobre as obras feitas nos últimos, tamén sobre a necesidade do saneamento que afecta a Bedrobe, Penelas e Casaldabade así como da ampliación do abastecemento de augas en Viladavade.
Ante unha pregunta formulada polo portavoz de Espazo Común explicóuselle por parte da alcaldía que asuntos privados non son tratables en sesión plenaria
תגובות