
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia sobre COVID-19 acordou onte á tarde cambios nos niveis de restricións en varios concellos galegos. No caso da comarca de Ordes, Tordoia sumarase a Oroso no nivel medio. Isto implica a limitación das xuntanzas a seis persoas no interior e dez no exterior para non conviventes, coa limitación de reunión entre as 3 e as 6 da mañá para persoas conviventes. Na hostelería, interiores e exteriores funcionarán ao 5%. O lecer nocturno funcionará ao 50% en interiores e 100% nas terrazas, debendo pechar ás 3h. Para acceder ao interior será preciso acreditar a inmunidade.
Por concellos, así queda Galicia: no nivel máximo, estarán Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo
No nivel alto de restricións estarán os municipios de Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.
Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.
A medida entra en vigor o sábado 7 dende a medianoite.
Comentários