Tordoia organiza unha visita ao Aquapark para a mocidade
- Crónicas da comarca
- 4 jul 2023
- 1 Min. de lectura
O Concello de Tordoia organiza unha saída ao Aquapark de Cerceda para o xoves 13 de xullo. Poden inscribirse nenas e nenos que desexen acudir. A actividade ten un custo de 10 euros. As nenas e nenos que participan no Vacacións Lúdicas ou no Campus de Tecnificación xa están automaticamente inscritos.
A saída será ás 10.30 desde a explanada da Rega e o regreso sobre das 19.30 horas no mesmo lugar. O prazo de inscrición esténdese ata o martes 11 de xullo. Esta debe facerse de xeito presencial no Concello

Yorumlar