top of page

Tordoia pon axudas para material e transporte escolar



O Concello de Tordoia vén de anunciar unha convocatoria de axudas municipais para cubrir gastos de material escolar, libros de texto e vestiario básico de escolarización para o curso 2020-2021. Esta liña de axudas municipais diríxise ao alumnado que curse Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio ou Superior.


Poderán ser beneficiarias desta axuda as persoas empadroadas no municipio de Tordoia dende hai polo menos un ano, resida en Tordoia e conviva cos menores para os que se solicita a axuda. A unidade familiar non pode superar unha renda per cápita de 806,76 euros.


O Concello tamén puxo en marcha unha liña de axudas para o transporte escolar de alumnado que curse Bacharelato ou Ciclos Formativos homologados de grao Medio ou Superior para o curso 2020/2021.


Comments


bottom of page