top of page

Tordoia recibe aos Reis Magos



Os Reis Magos de Oriente visitaron xa Tordoia para darlles agasallos e caramelos ás nenas e nenos que se achegaron velos ao longo do seu percorrido polas diferentes parroquias do Concello, que comezou hoxe ás 10:30 en Castenda, despois de pasar previamente pola Casa do Concello.


A pesar das condicións meteorolóxicas, as súas maxestades non detiveron o seu camiño, pasando de Castenda a Leobalde e logo a Numide, Santaia, Gorgullos e Bardaos, cargados por suposto coas lambonadas.


Pola tarde seguirán por Tordoia, Andoio, Anxeriz, Viladabade, e finalmente chegarán a Cabaleiros sobre das 18:30 horas. Por último, ás 20:00 horas, os Reis van a ir á Igrexa de Bardaos.




Kommentare


bottom of page