Trazo celebra o Entroido con carreira e tractorada
- Crónicas da comarca
- 8 feb 2023
- 1 Min. de lectura

O Concello de Trazo celebra o Entroido cunha nova edición da Carreira de Entroido e da Tractorada. A VII Carreira de Entroido de Trazo terá lugar o sábado 18. O trillazo comezará ás 10:30h con tres categorías (sub16, sub18 e adultos) e un percorrido de 4,8 km. Pola súa banda, a carreira terá cinco categorías (pitufos, sub10, sub12, sub14 e adultos) que percorrerán respectivamente 100, 200, 400 e 400 metros, e 1,2 km. As inscricións poden facerse na web www.carreirasgalegas.com, no correo serviciosdeportivostrazo@gmail.com ou no pavillón municipal.

O seguinte sábado, o día 25, terá lugar a Tractorada de Entroido na que participan boa parte das asociacións veciñais e culturais municipais. Será ás 16h en Viaño Pequeno. No CPI terá lugar o desfile e concurso de comparsas.

Comments