Trazo organiza varias actividades con motivo do 25-N
- Crónicas da comarca
- 21 nov 2022
- 1 Min. de lectura

O Concello de Trazo deu a coñecer onte as actividades do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero o vindeiro 25 de novembro. Co obxectivo de fomentar o compromiso e a participación activa da comunidade educativa e da poboación en xeral na loita contra as desigualdades entre mulleres e homes e na erradicación das violencias machistas, desde o concello programaron actividades variadas como obradoiros de coeducación, un concurso de vídeos sobre ciberviolencias machistas, actividades culturais a prol da igualdade e un acto conmemorativo.

Comentarios