Dous anos despois do comezo da pandemia, o Concello de Trazo anuncia que volverá celebrar o Entroido con deporte, cultura, tradición ou gastronomía. Así, este ano poderánse celebrar de novo as carreiras para tódalas idades cos mellores disfraces e o Trillazo cos seus, case, 5 km de percorrido.
O Concello anima á veciñanza a idear un disfraz e vir desfrutar do Entroido o 26 de febreiro participando no desfile e concurso de disfraces co número da carreira. A inscrición pode facerse en www.carreirasgalegas.com ou póndose en contacto cos Servizos Deportivos do Concello.
Comments