top of page

Tres novos positivos por COVID-19 elevan a 28 a cifra en Ordes

O Concello de Ordes informou esta tarde de que, conforme aos datos facilitados e contrastados pola comisión municipal de seguimento da COVID-19, hai tres novos casos positivos por COVID-19 no municipio. Ata agora fixéronse 3349 PCR dende o 1 de agosto, que descubriron 145 positivos. En total hai 28 casos activos na localidade hoxe en día, todos eles en illamento domiciliario, sen ningún ingreso hospitalario. Na actualidade Ordes suma 111 altas e 2 falecementos polo coronavirus. A incidencia é de entre 2,2 casos activos por cada 1000 habitantes. No mapa da Xunta segue en vermello (máis de 21 casos novos por semana).


Comentários


bottom of page