top of page

Tres puntos de recollida de material para Ucraína en Tordoia



Tordoia súmase á vaga de solidariedade coa Ucraína que percorre Galicia. O Concello establecerá dende hoxe tres puntos de recollida de produtos de primeira necesidade que serán enviados a este país. Estarán no Ximnasio Municipal, na Casa de Cultura e na Casa do Concello. Os produtos que se recollerán inclúen roupa de abrigo e mantas, alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene persoal.


Por outra banda, o Concello puxo ao dispor da Xunta e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a súa vivenda social para a acollida de persoas refuxiadas. Igualmente, traslada á veciñanza da localidade que quen teña interese en acoller poboación refuxiada na súa casa ou nunha vivenda de que dispoña, debe pórse en contacto coa Concellería de Servizos Sociais (981 69 00 01) para rexistrarse.


Comments


bottom of page