Unha delegación europea do Erasmus+ visita o Concello de Tordoia
- Crónicas da comarca
- 16 feb 2022
- 1 Min. de lectura

A semana do 6 ó 12 de febreiro Celebrouse en Tordoia o Programa Europeo ERASMUS+ que versou sobre “Desenvolvemento de habilidades emprendedoras”, no que participaron concellos de Malta, Portugal, Croacia, Romanía, Estonia, Italia, Cerdeña e Sicilia.
Nas Xornadas de traballo visitáronse as empresas locais Industrias Torres Golán e Maquinaria Agrícola Cancela, ademais de coñecer o funcionamento da granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda. Puideron verse as diferentes formas de emprendemento empresarial na sociedade actual, a evolución das mesmas e como afrontaron a nova situación Covid.

Tamén se visitou Compostela Monumental, onde José Manuel Bello que expuxo como se está a traballar dende esta asociación e dende a propia federación nacional , que el mesmo preside.
Rematou o programa coa recepción no Parlamento Galego por parte do Vicepresidente Diego Calvo e o deputado Rubén Lorenzo ás distintas delegacións.
Os participantes tiveron a oportunidade de coñecer ademais a riqueza patrimonial e natural de Tordoia, ademais de visitar Santiago de Compostela e a Costa da Morte.




Comentarios