Unha vintena de mozas e mozos fórmanse como monitor de tempo libre en Mesía
- Crónicas da comarca
- 19 abr 2022
- 1 Min. de lectura

A Casa de Cultura de Xanceda, en Mesía, acolle un curso intensivo de Monitor de tempo libre que arrincou na Semana Santa e durará ata maio. Un total de 19 mozos e mozas de distintos concellos formaranse así en Mesía coa escola de tempo libre AVADA.
Dentro da súa formación están vsitando diversas zonas do Concello, e como non, visitaron a Casa Grande de Xanceda onde lles contaron de primeira man as diversas facetas do traballo de monitor.





Comentarios