"Universo Feminino', de Carmen Prado, chega a Oroso
- Crónicas da comarca
- 13 oct 2021
- 1 Min. de lectura

O centro cultural de Oroso acolle desde o próximo luns, día 18 de outubro, unha exposición da pintora Carmen Prado. Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afección e por pura intuición, alguén que atopa na pintura a súa forma máis básica e elemental de expresarse.
Despois de case 20 anos dedicada ao debuxo anatómico e científico en revistas e libros especializados, en 2013 realiza a súa primeira exposición pictórica. A súa obra xa está exposta en Inglaterra, Dinamarca, Francia e Marrocos.
Comments