top of page

Vento en popa para a Vía Verde ao paso por Oroso


ree

As obras do tramo que transcurre polo Concello de Oroso da Vía Verde que unirá Santiago de Compostela con Cerceda pola antiga vía do ferrocarril avanzan a moi bo ritmo.

Moi pronto será un camiño para desfrutar da natureza, andar, ir en bicicleta, facer deporte e relaxarse nunha contorna natural idónea.

A actuación neste primeiro tramo, cun orzamento de case 800.000 euros, suporá “un importante impulso económico, medioambiental e deportivo para o concello”, asegura o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde

A primeira Vía Verde da provincia da Coruña terá unha lonxitude de 36,5 quilómetros. Irá sobre o trazado do ferrocarril entre A Sionlla e Cerceda, que quedou en desuso, no tramo comprendido entre Compostela, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda. Para completar o proxecto, o Concello de Oroso fará un carril-bici que conectará o casco urbano de Sigüeiro coa vía.

Comentarios


bottom of page