top of page

Vinte e sete casos de COVID-19 activos en Oroso



Segundo os datos actualizados que lle foron comunicados hoxe ao Concello de Oroso, no municipio hai agora mesmo 27 casos activos de coronavirus. Todos eles están recuperándose nos seus domicilios, sen que haxa ningún veciño ingresado.

Segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade da Xunta, o Concello de Oroso atópase nun nivel de alerta epidemiolóxica 2 (laranxa), entre 14 e 21 casos novos positivos de coronavirus confirmados por PCR nos últimos sete días.

Esta medianoite entran en vigor as novas medidas da Xunta de Galicia para facer fronte á pandemia do coronavirus en 60 concellos galegos, entre eles Oroso. Durarán un mes.

Seguen permitidos os movementos e desprazamentos por motivos laborais, educativos, de coidados e sanitarios, pero quedan prohibidas as actividades non esenciais.



Comments


bottom of page