top of page

Volve #OrosoNamorado



O Concello de Oroso lanza de novo a iniciativa 'Oroso namorado' para incentivar a compra dos agasallos de San Valentín no comercio local. Con este obxectivo, instalou un corazón na praza de Isaac Díaz Pardo para utilizar como photo call.



Dende o Concello animan a toda a veciñanza a facer unha fotografía neste corazón e etiquetar ao Concello de Oroso e compartir en Facebook. Todas as fotos etiquetadas participarán nun sorteo para gañar unha escapada dun fin de semana pola xeografía galega.

Comments


bottom of page