Xornada sobre autismo en Frades
- Crónicas da comarca
- 8 jun 2023
- 1 Min. de lectura
O Concello de Frades e mais a ANPA O Fopo organizan unha xornada para familias sobre o trastorno do espectro do autismo. Será no Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira o martes 20 de xuño de 5 a 7 da tarde. O acceso é libre e de balde. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscrición previa no Concello chamando ao 981 695 567. Imparte Noelia Vigo, logopeda especialista en dano neurolóxico da Asociación Galega de Asperger (ASPERGA).

Comments