top of page

Xuntanza en Oroso para presentar o proxecto do novo centro deportivo multiusos



O alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, e mais o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, reuniranse coas directivas de todos os clubs orosáns o vindeiro venres, 13 de xaneiro, a partir das 8 da tarde no Centro Cultural. Nesta xuntanza presentarán o proxecto do novo Centro Deportivo Multiusos, explicaron hoxe dende o Concello.

Comments


bottom of page