Áurea Maroño Carballeiro, veciña de Oroso, chega aos 100 anos
- Crónicas da comarca
- 12 jun
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 24 jun

Oroso celebrou o día 12 de xuño unha data moi especial: os cen anos de vida de Áurea Maroño Carballeiro, veciña da parroquia da Gándara e natural de Piñeirón, onde reside durante toda a súa vida.
Ao longo da súa traxectoria, Áurea foi ama de casa e tamén desenvolveu labores como gandeira, centrando a súa actividade no coidado de vacas, combinando o traballo do fogar coa vida no rural. É nai de dous fillos, avoa de cinco netos e bisavoa de tres bisnetas, sendo unha figura moi querida e respectada na súa contorna.
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a Concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Lidia López, desprazáronse ata o seu domicilio para felicitala persoalmente e facerlle entrega dun agasallo institucional. Na visita tamén estivo presente o director do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, Perfecto Rodríguez, que quixo sumarse á homenaxe e recoñecer a importancia das persoas maiores no tecido social do noso país.
Desde o Concello de Oroso queremos transmitirlle os nosos parabéns máis agarimosos a Aurea e á súa familia por esta data tan significativa.




Comentarios