top of page

A Deputación mellorará varias estradas da comarca de Ordes



O deputado de Vías e Obras da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño, anunciou que o pleno da Deputación da Coruña dará luz verde mañá venres a investimentos por importe de 4,9 millóns de euros para levar a cabo actuacións de mellora na seguridade viaria en 34 quilómetros da rede provincial estradas de estradas. Boa parte destas obras desenvolveranse en municipios da comarca de Ordes coma o propio Ordes, Tordoia, Trazo ou Cerceda.

Os concellos de Tordoia e Trazo contarán cun orzamento de 419.629 euros para acondicionar o firme da DP-5903 de Ordes a Portomouro por Pontechonia. Así mesmo, dedicaranse 390.908 euros para renovar a capa de rodaxe da DP-2405 de Cerceda a Mesón do Vento ao longo de 3,4 quilómetros; e 301.945 euros para acondicionar a DP-8401 de Tablilla a Agromestre por Pontepedra (Tordoia) ao longo de 2,3 quilómetros.

Commentaires


bottom of page