O Concello de Frades abre as inscricións na XXVI Festa dos Nosos Maiores, que terá lugaro vindeiro sábado 31 de maio
- Crónicas da comarca
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura

O Concello de Frades vén de abrir o prazo de inscrición na XXVI Festa dos Nosos Maiores, que terá lugar o vindeiro sábado 31 de maio no campo de San Nicolao e que contará coa presenza do alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, da corporación municipal e dun representante da Xunta de Galicia, aínda por confirmar. Unha festa á que están convidados todos os veciños e veciñas de máis de 60 anos e que estean empadroados en Frades, así como as súas parellas, que deberán anotarse nos Servizos Sociais do Concello (981 695 567) ou poñéndose en contacto cun concelleiro/a do equipo de Goberno.
O Concello de Frades porá a disposición da veciñanza un servizo de autobús, cuxa utilización deberá ser comunicada no momento da inscrición. En caso contrario, entenderase que as persoas asistentes utilizarán o transporte particular. A XXVI Festa dos Nosos Maiores comezará ás 13:00 horas cunha misa, que dará paso a unha actuación musical do Dúo Eva e Camilo. O xantar terá lugar ás 14:30 horas, ofrecido de balde polo Concello de Frades. A partir das 16:30 horas haberá actuacións musicais, a cargo do Dúo Eva e Camilo e de grupos folclóricos locais, así como xogos populares fóra da carpa. Finalmente, ás 18:00 horas terá lugar a tradicional homenaxe ás persoas asistentes maiores de 90 anos.
Comments