O Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas do comezo de varias obras para renovar a rede viaria nas parroquias de Senra, Oroso, A Gándara e Cardama. En concreto, os traballos servirán para mellorar o firme en camiños nos lugares de Senra e Arderís (Senra), Vilanova (Oroso), Carollo e Requeixo (Cardama), e na rúa Emilia Pardo Bazán (A Gándara). O orzamento dos traballos supera os 138.000 euros.
Esta actuación forma parte dunha actuación conxunta no rural de Oroso, que suporá un investimento próximo aos 900.000 euros nos próximos meses. “A mobilidade nos camiños do rural é moi elevada, por iso desde o concello renovamos de forma continua a rede viaria, facilitando as comunicacións e reducindo o risco de accidentes”, asegura o alcalde de Oroso, Luis Rey.
O Concello desenvolve durante todo o ano un plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais de Oroso, tanto no casco urbano como nas parroquias.
Comments