top of page

Trazo celebrou "A Convidada"


ree

Trazo celebrou o pasado sábado a I Convidada de Vilouchada, unha celebración encadrada no ciclo Terra Activa da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes. Unha tarde de cultura tradicional que arrincou co recital poético de Rosalía Morlán na capela de Santa Eufemia. A continuación, proxectouse no mesmo lugar a peza Encontros nas parroquias. Os grupos Xeitosos de Trazo e Faíscas da Pontagra amenizaron a tarde con baile e música tradicional. A celebración rematou cunha merenda popular.


ree

Durante toda a tarde houbo postos de exposición de artesanía, obradoiros e xogos populares.



ree

Comentarios


bottom of page